Rías Baixas e Parque Nacional das Illas Atlánticas en veleiro, aluguer praza a praza, por prazas ou ao completo desde 395 euros

As rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, forman un lugar único en España para as vacacións a vela. Centos de praias, decenas de vilas de pescadores, un número bó de marinas fan das Rías Baixas unha área de navegación verdadeiramente única: Baiona, a praia de Barar, a Ría de Aldan, Combarro, a illa de Arousa, os Xidoiros, as praias do Cabío... Disftura de navegacións tranquilas, dentro de rías ben protexidas, sabendo que a poucas millas haberá sempre un lugar interesante ao que aproar .

E ademáis o Parque Nacional das Illas Atlánticas, as illas de Cies, Ons e Sálvora Cortegada: natureza atlántica , paisaxes espectaculares, praias deliciosas... Probablemente este é un dos destinos naúticos máis desexados da costa galega, e certamente non vos ha decepcionar.

Para realizar esta singladura podes alugar o noso barco enteiro (máximo 6 persoas), ou en determinadas datas, alugua-lo por prazas (mínimo 4 persoas) e gozar dunha forma única de compartir as vacacións con xente das túas mesmas afeccións. E se sodes un gran grupo de máis de 6 persoas, podemos organizar unha flotilha de veleiros ...!

Zarpamos os luns, do 7 de xullo ao 25 agosto, desde o porto de Vigo, ás 11 da mañá. O retorno, último día, será antes das 19:00.

 

tarifas 2015
4 días
5 días
6 días
7 días
por plazas
395
495
595
695
barco completo
2.195
2.795
3.295
3.995
O prezo inclúe o IVE, neumática auxiliar con motor foraborda, tramitación de permisos de navegación e fondeo no P.N. Illas Atlánticas, e unha hora de carburante ao día. Non están incluidas comidas ou bebidas, gastos de amarres en marinas, nin extras de carburante.
 

 

   
 
aluguer de veleiros en galicia - vacacións a vela en galicia - illas cíes en veleiro - rías baixas a toda vela - a coruña e golfo ártabro en veleiro - aluguer de barcos en galicia - vacacións en veleiro en galicia - aluguer de veleiro nas rías baixas - veleiro con patrón en galicia - aluguer de veleiros nas illas cíes - yacht charter en galicia - aluguer de veleiro na coruña - vacacións en veleiro en galicia - aluguer de veleiros nas rías baixas - veleiros nas rías galegas - despedidas de solteira en veleiro - barcotel en coruña e vigo - paseos en veleiros na coruña e/ou vigo