Puesta de Sol en Velero - Coruña

Paseo en Veleiro en Coruña ou Rías Baixas: Solpor no Mar.



Barra Separadora


Navegando co "Solpor"


Vive no noso barco veleiro o solpor atlántico, o máis tardío da península Ibérica.

O solpor marabíllanos coas cores do atardecer mentres sucamos as augas das Rías. Ese momento máxico do día no que o vento e o mar acougan, e a luz dourada do ocaso sosiega a atmosfera cos seus cálidos tons.

Esperando a posta de sol navegamos pola ría en dirección a unha cala ben recollida.

Alí, na praia, lanzamos a áncora do noso veleiro, e fondeados á tardiña, brindamos xuntos pola beleza que o mundo nos ofrece.

Máis tarde, coas últimas luces do día, regresamos a porto.

Barra Separadora
Puesta de sol en velero en Coruña

Solpor no Mar en Veleiro - Coruña e Rías Baixas


Cando? En verán, de luns a xoves. Resto do ano, venres e sábados.

Onde? en Verán, desde Combarro - Ría de Pontevedra. Resto do ano desde Coruña.

Horarios? Zarpamos hora e media antes do ocaso. Consultade según datas. Duración: 2 horas

Incluído? Refresco, copa de viño ou cervexa, e aperitivo con froitos secos, patacas fritas e olivas.

Grupo Máximo? 6 persoas.

Prezo? 290 euros Barco Completo.

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora


Puesta del Sol en Velero - Coruña



Notas a ter en conta nesta experiencia en veleiro


Incluido en "Solpor no Mar":

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora, de 2 horas de duración.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres.

-Unha bebida mentres o barco estea ancorado na praia (auga, refresco, copa de viño ou cervexa) e un pequeno aperitivo consistente nunhas patacas fritas, froitos secos e olivas.

-IVE


Horarios:

O horario da posta de sol vai cambiando día a día ao longo de todo o ano. Por tanto, imos modificando mes a mes os horarios de saída para que o tempo dedicado ao aperitivo mentres estamos fondeados na praia coincida coa hora do ocaso.

Zarparmos aproximadamente unha hora e media antes da posta do sol e regresamos a porto unha media hora despois. Por tanto, a experiencia ten unha duración aproximada de 2 horas.


Grupo Mínimo e Máximo:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo. Con todo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@ s no barco, nesta experiencia en veleiro limitamos os grupos a un máximo de 6 persoas.


Equipamento Persoal:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información, consultade o apartado < strong>VIDA A bordostrong> no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Quizais, tamén vos podería interesar...









Barra Separadora