Coruña desde el mar en Velero

Paseo en Barco Veleiro desde Coruña:

Visita ao porto e ría da Coruña desde o mar.



Barra Separadora


Coruña e o Mar


A Coruña, cidade peninsular; vocación insular aproada ao Atlántico.

A cidades como Coruña, do mesmo xeito que a Lisboa, Cádiz ou Venecia, hai que chegar por mar: son cidades nadas por e para o mar. Este foi a súa razón de ser e o seu destino. E se xa é tarde para chegar por mar, polo menos aínda estás a tempo de observar e comprender A Coruña neste Paseo en Veleiro connosco polo seu porto e a súa baía.

Neste Paseo en Barco na Coruña lembramos a chegada de Julio César per via martítima ao Portus Magnus Artabrorum, ou sexa, ao noso Gran Porto dos Ártabros; a Carlos V, embarcando a través das Portas do Mar rumbo a Flandes; á Armada Invencible, ao corsario Francis Drake e á nosa heroína María Pita; á expedición de Balmis que librou ao mundo das vexigas. Pero tamén nos interesamos polos nosos emigrantes embarcando nos grandes transatlánticos de pasaxe rumbo a América, polos sufridos pescadores do Gran Sol e pola lonxa; polos petroleiros, a refinería e os catastróficos naufraxios das últimas décadas...

E non só iso, tamén temos tempo de coñecer as calas de Mera, favoritas dos coruñeses pola súa excelente situación e contorna, onde fondeamos (ancoramos o barco) para tomar un aperitivo, e se o tempo é propicio, mesmo darnos un refrescante baño.



Barra Separadora
Mapa del Paseo por Coruña en Velero

Paseo en Veleiro: Coruña e o Mar


Cando? Sábados e Domingos, de Marzo a Xullo, e de Setembro a Novembro.

Onde? desde Marina Coruña.

Horarios? de 11:00 a 13:30, ou de 16:30 a 19:00

Incluído? Refresco, copa de viño ou cervexa, e aperitivo con froitos secos, patacas fritas e olivas.

Grupo Máximo? 8 persoas

Prezo? 290 euros Barco Privado.

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora


Que vemos neste Paseo en Veleiro na Coruña?


lo que vemos en Coruña desde el mar en Velero

Embarcamos de mañá ou tarde, segundo o horario preferido, no porto deportivo de Marina Coruña. Ao longo deste Paseo en Veleiro observaremos desde o mar os seguintes lugares:


-Os Portos Deportivos da Coruña.

-O Castelo de San Antón.

-A Dársena da Mariña.

-A Estación Marítima dos Trasatlánticos.

-Palexco (O Palacio de Exposicións e Congresos.)

-Os edificios da Lonxa do pescado.

-O silo de carbón coñecido como a “Medusa”.

-O pantalán dos Petroleiros.

-O porto pesqueiro de Oza.

-As Praias de Santa Cristina.

-As Calas de Mera.

-A Torre de Hércules.

-El Digue de Abrigo y la Torre de Control Marítimo.





Notas a ter en conta neste Paseo en Veleiro na Coruña


Incluído en "Coruña e o Mar":

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora, de 2-3 horas de duración.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres.

-Unha bebida mentres o barco estea ancorado nas calas de Mera (auga, refresco, copa de viño ou cervexa) e un pequeno aperitivo consistente nunhas patacas fritas, froitos secos e olivas.

-IVE


Grupo Mínimo e Máximo:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo. Con todo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@ s no barco, neste Paseo en Veleiro na Coruña limitamos os grupos a un máximo de 8 persoas. Por outra banda, o grupo mínimo para partir é de 4 persoas.


Equipamento Persoal:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información, consultade o apartado < strong>VIDA A bordostrong> no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Quizais, tamén vos podería interesar...









Barra Separadora