VelerosGalicia.com
desde 2005, 16 anos navegando xunt@s
Queres Alugar un Veleiro en Coruña, Vigo ou as Rías Baixas?
- Aluguer de Veleiros en Galicia -
Este é o Noso Barco - Reserva Directa sen Intermediarios - Confirmación Inmediata - Sempre ao Mellor Prezo
Viaxes en Veleiro en Galicia: Rías Baixas e Rías Altas - 2021
- Viaxes Praza a Praza, ou Aluguer do Barco ao Completo -

Antepoñemos a calidade á cantidade. E non é só un tema de maior comodidade no
barco, tamén o é de seguridade. Nas viaxes e travesías en veleiro de varios días só alugamos 4 prazas,
e excepcionalmente 6. Todo un luxo para un barco de 13 metros de eslora. Nos paseos en veleiro e experiencias de menos de 24 horas,
aumentamos esta cifra a un máximo de 8 persoas.
Non esperedes atopar o típico barco de chárter traqueteado e descoidado despois de centos de alugueiros. O noso é un veleiro atendido e mantido
con todo o agarimo de quen coida a súa propia casa. De feito, nos meses de verán convertémolo no noso, e tamén voso, fogar.
Notaredes a diferenza.
Personalizamos as nosas viaxes e paseos en veleiro para que cada ano gocedes connosco de propostas
únicas e diferentes, preparadas minuciosamente con todo o noso agarimo
Viaxes e Paseos en Veleiro Solidarios. Non conseguimos afacernos a convivir coas traxedias persoais e
colectivas dos refuxiados e emigrantes que anhelan unha vida un pouco máis digna en Europa e que arriscan as súas vidas neste mesmo mar que para nós é
fonte de satisfaccións. Por esta razón, cada ano doamos o 2,5% de todos nosos ingresos, é dicir das vosas reservas,
á Axencia de Nacións Unidas para a axuda aos Refuxiados.
Incrible pero cierto: NON usamos “COOKIES”.
Non nos gusta que nos espíen e por iso non vos espiamos. Defendemos a vosa privacidade por encima de intereses comerciais.
Se queres coñecer o noso compromiso de privacidade... AQUÍ
E ademáis, os alugueiros e paseos no noso veleiro na Coruña saen do centro, do mesmo corazón da cidade.
Simplemente, somos singulares
